A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou o VII Foro Labrego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego en Antas de Ulla, coa colaboración da área de Rural da Vicepridencia da Deputación de Lugo.
A responsable provincial aproveitou a súa intervención para reafirmar «o apoio institucional e politico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para defender a produción agrogandeira e a vida na comarca da Ulloa fronte a ameaza que supón a instalación da macrocelulosa de Altri» e subliñou «a necesidade destes encontros que advirten do impacto negativo de megaproxectos indusrias sobre o territorio pero, sobre todo, mostran cal é a alternativa»
O encontro, «Agroecoloxía fronte á megaindustria: proxectos labregos, territorios para a vida», continuou con intervencións da neurocientífica Sonia Villapol, que afondou no impacto da celulosa e os seus contaminantes na sáude, do investigador do CISPAC Xaviere Simón, que abordou a repercusión dos megaproxectos contamiantnes desde o punto de vista socieconómico, e de Alejandro García, gandeiro e activista na Plataforma Ulloa Viva.
A xornada culminou cunha mesa redonda na que se expuxeron proxectos públicos e privados que apostan no desenvolvemento dos territorios desde modelos sustentables, entre eles, o programa de formación rural Da Escola á Granxa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, na que participan granxas e producións agroalimentarias da comara como Milhulloa, Arqueixal, Pazo de Vilane ou a gandería Lois Varela.