PSdeG Rianxo. «O Goberno de Julián Bustelo pon en risco a estabilidade económica de Rianxo»

O orzamento municipal de Rianxo para 2024 aprobouse sen cumprir un dos criterios básicos esixidos pola normativa vixente, xerando unha grave distorsión na xestión económica do Concello, e que terá continuidade en 2025, o que agrava ainda máis a situación do Noso Concello..
O Goberno de Julián Bustelo utilizou a liquidez das contas municipais para financiar as obras do Pazo de Martelo, a Biblioteca, non utilizando o préstamo solicitado , postergando o pago de intereses que, tarde ou cedo, deberán afrontarse. Esta manobra, lonxe de responder a unha planificación responsable, obedece a un criterio partidista e non ao interese xeral de Rianxo. Esta acción, ó igual que a infrafinanciación da partida de iluminación (-250.000€), ou a eliminación do pago pola non aplicación do IVA, á empresa que xestiona o Servizo de abastecemento e saneamento en Rianxo (-300.000€), non fai máis que hipotecar o futuro de Rianxo, aspecto que Julián Bustelo non quere afrontar, acción ademáis que derivan da súa propia decisión de Goberno.
A aprobación destes orzamentos revela unha preocupante infrafinanciación de servizos, como a subministración eléctrica, o mantemento de centros educativos, parques e xardíns ou a rede de saneamento. En cada un destes apartados, as importes asignados non garanten a sustentabilidade e continuidade dos servizos municipais

Uso temerario de subvencións
Máis grave aínda é a decisión do Gobierno local de destinar subvencións a financiar gastos estructuráis , coma se fosen ingresos garantidos. Pero, que ocorrerá se unha destas axudas non é concedida ou cambia a súa finalidade? Este modelo de xestión representa un risco inasumible para o futuro de Rianxo, deixando ao Concello sen marxe de manobra para cumprir cos seus compromisos Municipais.
Base legal vulnerada
O Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (TRLHL) , establece no seu artigo 165 que os orzamentos deben contemplar créditos adecuados e suficientes para atender as obrigacións do exercicio. Ademais, o artigo 173 recalca que os ingresos deben ser reais e suficientes para garantir a estabilidade financeira do Concello.

Desde o PSOE de Rianxo esiximos responsabilidade na xestión económica e pedimos unha reunión co alcalde para analizar a situación e propoñer uns orzamentos realistas. Non podemos permitir que a improvisación e a falta de rigor económico sigan hipotecando o futuro do municipio.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios