“Non podemos permitir que, unha vez máis, o Goberno do señor Sánchez castigue a Lugo cun novo agravio que perpetúa a discriminación en materia de infraestruturas”, conclúe o senador popular.
O Partido Popular de Lugo manifesta o seu rexeitamento ás últimas decisións do Ministerio de Transportes relativas á mellora das conexións ferroviarias entre Galicia e Madrid, nas que a cidade de Lugo volve ser excluída, sendo a única capital galega que non se beneficia destas novas frecuencias e reducións de tempo de viaxe
Diante desta situación, os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- veñen de presentar unha pregunta no Senado para esixirlle ao Goberno explicacións sobre esta exclusión. “Queremos saber cal é a razón pola que Lugo queda fóra das melloras, que frecuencias contempla o Ministerio para o traxecto Lugo-Madrid-Lugo, e cando poderán os lucenses realizar esta viaxe en arredor das tres horas, como xa sucede noutras provincias galegas”, apunta Barreiro.
Desde o Partido Popular lembrar que Lugo leva anos sufrindo o abandono e a discriminación do Goberno central no que respecta a infraestruturas ferroviarias, e denuncian que esta situación compromete o desenvolvemento económico, turístico e social da provincia.
“Non imos renunciar a que Lugo teña unhas comunicacións ferroviarias dignas, á altura do que merece a cidadanía. Non podemos permitir que, unha vez máis, o Goberno do señor Sánchez castigue a Lugo cun novo agravio que perpetúa a discriminación en materia de infraestruturas”, conclúe o senador popular.