José Luis Calo, coordinador UCIN Galicia
¿Como xogan os políticos para renovar o compromiso coa mocidade de Galicia? Os partidos políticos traicionais ofrécennos “o mellor que pode existir, ou imaxinarse ou desexarse”, pero que lamentablemente non cumpren. E como nos di Louis Dumur “A política é a arte de servirse dos homes facéndolles crer que se lles serve a eles”. En España, o 27’8% dos adolescentes viven en fogares en risco de pobreza. Se non cambian as dinámicas sociais, políticas e económicas, os índices de pobreza irán a máis, como unha herdanza que pasa de pais a fillos con difícil freada. Neste tema a Unión Europea advirte de que o ritmo de perda de mozos e mozos en Galicia é moi superior ao que vai sufrir o conxunto da UE. O envellecemento poboacional agrava aínda máis a situación.
A mocidade galega enfróntase a diversos desafíos no seu día a día. En case a metade do territorio galego, as persoas maiores de 60 anos triplican aos mozos menores de 20 anos. Ademáis, o índice de envellecemento é alarmante. O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou as Cifras poboacionais de referencia en Galicia, datos fechados a mediados de 2024 e que reflicten os datos demográficos nese ano en comparativa cos exercicios anteriores. A área xeográfica que máis sofre este despoboamento é o rural. ¿Cómo podemos parar a roda da desigualdade? Segundo Maquiavelo “Os pobos de cando en cando, se seica algunha vez, rebélanse por causas razoables”. Tal vez é o momento de traballar e propoñer ideas para un cambio, propoñendo unha serie de medidas que poidan traducirse en políticas públicas:
Garantir o acceso á vivenda. A vivenda é un dos grandes retos actuais, máis se falas da poboación máis nova, esta necesitaría axudas concretas e específicas para asegurarse o acceso a unha vivenda digna.
Previr o fracaso escolar por razóns de pobreza ou exclusión social. Comprobamos como estes factores inciden negativamente no desempeño educativo dos mozos, que en moitas ocasións deben priorizar traballar para poder vivir e non poden estudar.
Traballar dende a orientación coas familias para evitar situacións de abandono escolar.
Mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores, reforzando os servizos educativos e subindo os salarios. Son algunhas das medidas máis urxentes que afrontar, as que permitirían comezar con bo pé nese camiño cara a un novo cambio. A realidade da mocidade en Galicia, a necesidade de mellorar as políticas públicas que lles afectan e o novo contexto social deben ser o obxectivo dos nosos Gobernos. “Apostando por unhas políticas públicas e mocidade