A alcaldesa da Coruña participou esta mañá na visita ás obras da conexión ferroviaria co porto exterior, que avanzan agora co cale do túnel 1 e a voladura da excavación na boca do lado de Vío.
A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor hoxe os avances que están a experimentar as obras de construción da conexión ferroviaria co porto exterior de Punta Langosteira, que hoxe chegaron a paso clave: o cale do túnel 1 e a última voadura da escavación, na boca situada no lado de Vío.
Rey, que acompañou o ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na posta en marcha desta intervención, subliñou a importancia da colaboración interadministrativa «para que iniciativas do calado de Punta Langosteira sexan unha realidade», e apuntou ao «diálogo construtivo» como o camiño que cómpre seguir para dar novos pasos en cuestións fundamentais para A Coruña e a súa área metropolitana en termos de melloras da mobilidade, transporte e loxística.
Neste sentido, a rexedora destacou que esta filosofía foi a que permitiu que xa estean en marcha iniciativas como as obras de ampliación e remodelación de Alfonso Molina, o avance dos traballos de construción da nova estación intermodal, o asentamento das bases para renovar a fachada marítima da Coruña ou rubricar o saneamento da ría do Burgo, entre outras.
«Todas estas cuestións son fundamentais para modernizar a cidade, interconectala adecuadamente cos concellos próximos e propiciar unha dinamización económica que, por exemplo, xa é palpable en Punta Langosteira coa chegada de empresas e o pulo a sectores de futuro como as enerxías renovables», incidiu Rey.
O proxecto da Cuarta Rolda, en fase de redacción
No acto desta mañá en Vío, a alcaldesa tamén agradeceu a disposición e implicación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para avanzar na consecución do proxecto da Cuarta Rolda, actualmente en fase de redacción.
Tal e como se informou a mediados de decembro, na visita do director xeral de Carreteras del Estado, Juan Pedro Fernández Palomino, na redacción xa se inclúe que o trazado final da Cuarta Rolda atenda as necesidades futuras da cidade en termos de transporte, loxística e mobilidade, incorporando a conectividade cos polígonos empresariais da Coruña, recollendo as achegas de Agrela, Pocomaco e Vío para contribuír ao seu desenvolvemento.
Lo mejor es la imagen del dispositivo para hacer la voladura del terreno para poder colocar las vías y seguir los trabajos del ferrocarril a Langosteira.Es evidente que esos políticos de la imagen no están haciendo ahí nada distinto a una puesta en escena ,repetida por otros antes y aunque tienen el artilugio a la vista ,no han dinamitado nada en su vida ni despistan a nadie .La finalización de las obras depende de los fondos europeos Next Generation .Veremos algun otro ministro de Transportes inagurando obras antes de que se finalicen los accesos al puerto exterior de Langosteira .Aprovechó el Sr.Puente el viaje para inagurar otro pedazo de la Autovía de Lugo a Santiago(inconclusa todavía durante varios años más) para hacerse la fotografía de «cortar la cinta» de las obras del ferrocarril a Langosteira(casi como Franco aunque Franco cortaba la cinta cuando tocaba hacerlo))Van 9 Ministros inagurando esa Autovía ,Lugo-Santiago en los últimos 30 años ,(5 socialistas y 4 del PP) , veremos pasar a alguno más haciendo lo propio aunque inconclusas las obras como mínimo en otros 6 años (Al Ministro Puente no le dará tiempo a llegar de Melide a Arzúa ,al ritmo que van )….Ya veremos en lo que queda el convenio entre la Xunta y el Ayuntamiento de La Coruña pero todo apunta a que seguiremos viendo repetidas inaguraciones parecidas ,con otros políticos haciendo campaña ,aunque no veamos los trenes de mercancías operando en Langosteira ni la Autovía a Santiago.Lugo , terminada.La Alcaldes Inés Rey no sé cómo pone en valor los avances si el Puerto lleva inagurado más de 12 años y tambien sigue inconcluso con el agravante de que la deuda y los intereses de la misma (que pesan lo suyo) , siguen pendientes de pago y nadie desde Madrid lo resuelve.