Xosé Merelles e a Mancomunidade do Camiño Francés exploran novas vías de colaboración para 2025

 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro coa presidenta da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e alcaldesa de Triacastela, María Olga Iglesias, no que abordaron distintas liñas de colaboración ao longo deste 2025. Tamén estiveron presentes os rexedores do Pino, Palas de Rei e Molinaseca.

Turismo de Galicia e esta entidade veñen mantendo unha intensa colaboración na promoción do Camiño Francés, o itinerario máis elixido cada ano polos peregrinos. En 2024, foi percorrido por 236.380 persoas e no que vai de ano, xa o fixeron 1.532.

Comparte éste artículo
No hay comentarios