A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos na provincia

Formoso destaca que o programa PEL-Concellos crea emprego e axuda aos concellos rurais a contratar persoal para prestar servizos municipais de calidade.

A Deputación da Coruña destinará este ano preto de 3,5 millóns de euros a apoiar a contratación de máis de 400 persoas desempregadas a través do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que busca fomentar o emprego e mellorar a prestación de servizos municipais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o «forte compoñente social» deste programa, que favorece especialmente a inserción laboral de persoas con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo. Ademais, subliñou que «PEL-Concellos é unha firme aposta polo rural, xa que proporciona aos concellos pequenos os recursos humanos necesarios para ofrecer servizos de calidade á cidadanía».

Un apoio decisivo para os concellos rurais

O 83,25% dos fondos concedidos (2,9 millóns de euros) destínanse a concellos de menos de 20.000 habitantes, mentres que o 94% dos recursos benefician a municipios de menos de 40.000 habitantes, o que reflicte o compromiso da Deputación co desenvolvemento do rural.

As axudas, que oscilan entre 19.000 e 75.000 euros por concello, permitirán contratar persoal para desempeñar tarefas esenciais como a limpeza viaria, mantemento de espazos públicos, recollida de residuos, abastecemento de auga potable, pavimentación de vías, vixilancia de centros educativos e outros servizos básicos que melloran a calidade de vida da veciñanza.

Prioridade para colectivos con dificultades de inserción

O programa presta especial atención a colectivos vulnerables, promovendo a contratación de mulleres, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, fogares nos que todos os membros están en paro, vítimas de violencia de xénero e persoas en risco de exclusión social.

Máis de 4.200 empregos creados dende 2016

Dende a súa posta en marcha en 2016, o programa PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 4.200 persoas na provincia da Coruña, consolidándose como unha ferramenta estratéxica para o fomento do emprego local.

Para consultar a resolución completa das axudas, publicada no BOP nº 22 do 3 de febreiro de 2025, pode accederse ao seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/02/03/2025_0000000603.html.

ANEXO SOLICITUDES CONCEDIDAS
COMARCA DO BARBANZA475.999,62 €
Boiro52.000,00 €
Carnota31.000,00 €
Lousame31.000,00 €
Mazaricos30.999,62 €
Muros40.000,00 €
Noia52.000,00 €
Outes40.000,00 €
Pobra do Caramiñal, A49.000,00 €
Porto do Son46.000,00 €
Ribeira52.000,00 €
Rianxo52.000,00 €
COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE554.475,68 €
Cabana de Bergantiños31.000,00 €
Camariñas39.475,68 €
Cee49.000,00 €
Cerceda34.000,00 €
Corcubión31.000,00 €
Coristanco43.000,00 €
Dumbría31.000,00 €
Fisterra37.000,00 €
Laracha (A)49.000,00 €
Laxe31.000,00 €
Malpica de Bergantiños40.000,00 €
Muxía31.000,00 €
Ponteceso37.000,00 €
Vimianzo37.000,00 €
Zas34.000,00 €
COMARCA DA CORUÑA793.164,29 €
Abegondo37.000,00 €
Aranga25.000,00 €
Arteixo52.000,00 €
Bergondo46.000,00 €
Betanzos51.007,87 €
Cambre49.108,35 €
Carral40.000,00 €
Coirós28.000,00 €
Coruña (A)75.000,00 €
Culleredo50.529,67 €
Curtis31.000,00 €
Irixoa22.000,00 €
Mesía28.000,00 €
Miño46.000,00 €
Oleiros52.000,00 €
Oza-Cesuras37.000,00 €
Paderne28.000,00 €
Sada52.000,00 €
Sobrado22.000,00 €
Vilasantar21.518,40 €
COMARCA DE FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL 778.569,77 €
Ares40.000,00 €
Cabanas31.000,00 €
Capela (A)25.000,00 €
Cariño31.000,00 €
Cedeira46.000,00 €
Cerdido22.000,00 €
Fene52.000,00 €
Ferrol75.000,00 €
Mañón19.000,00 €
Moeche22.000,00 €
Monfero22.000,00 €
Mugardos40.000,00 €
Narón52.000,00 €
Neda40.000,00 €
Ortigueira39.569,77 €
Pontedeume49.000,00 €
Pontes (As)52.000,00 €
San Sadurniño31.000,00 €
Somozas (As)25.000,00 €
Valdoviño43.000,00 €
Vilarmaior22.000,00 €
COMARCA DE COMPOSTELA888.647,48 €
Ames52.000,00 €
Arzúa34.000,00 €
Baña (A)31.000,00 €
Boimorto22.000,00 €
Boqueixón29.740,26 €
Brión43.000,00 €
Dodro31.000,00 €
Frades28.000,00 €
Melide43.000,00 €
Negreira46.000,00 €
Ordes52.000,00 €
Oroso43.000,00 €
Padrón49.000,00 €
Pino (O)31.000,00 €
Rois31.000,00 €
Santa Comba52.000,00 €
Santiago de Compostela74.907,22 €
Santiso22.000,00 €
Toques19.000,00 €
Tordoia31.000,00 €
Touro31.000,00 €
Trazo28.000,00 €
Val do Dubra31.000,00 €
Vedra34.000,00 €
TOTAL PROVINCIA3.490.856,84 €
Comparte éste artículo
No hay comentarios