Ecoloxistas en Acción confeccionou unha exposición itinerante para pór en valor o monte veciñal e os seu servizos ecosistémicos. A exposición consta de 9 paneis agrupados temáticamente en 3 expositores triangulares. Un expositor fai unha posta en valor dos servizos ecosistémicos como o abastecemento de auga, enerxía, osíxeno e a captación de CO2 como os máis importantes suministrados polo monte veciñal. Otro expositor destaca a relevancia das traídas de auga veciñal como o xeito maioritario de abastecemento de auga dos fogares do rural galego. E no terceiro refléxanse os impactos no monte comunal do proxecto GS-360 da Sociedade deportiva R.C. Celta.
A exposición, que leva desde outubro do ano pasado percorrendo distintos lugares de Vigo, arriba a Redondela da man da asociación Arte Lixo e permanecerá durante un mes ao carón da bandeira de Galicia.
Para Ecoloxistas en Acción os montes veciñais son peza clave para a transición ecolóxica en Galicia. Ademais do seu valor patrimonial en canto a biodiversidade, o monte comunal aporta beneficios como auga e biomasa a milleiros de veciños e vecinas. Por iso, a organización ecoloxista promove que se declaren as comunidades de montes como unha figura de protección ambiental en si mesma.
Porén múltiples proxectos ameazan o monte comunal galego, desde maceocelulosas como Altri, fomentadoras do monocultivo de eucalipto, explotacións mineiras, ata o proxecto GS360 do Real Club Celta nos montes de Tameiga, Mos, coa expropiación e recalificación de solo rústico para beneficio privado duns poucos. A maioría destes proxectos, a pesar de ser moi agresivos social e ambientalmente, contan co aval da Xunta de Galicia ata o punto de que os declara Proxectos de Interese Autonómico ou Estratéxico.
Para frear a devastación do monte galego, Ecoloxistas en Acción impulsou xunto coa Organización Galega de Comunidade de Montes, a plataforma A Auga é Vida e a Comunidade de Montes de Tameiga, está exposición para pór en valor o monte veciñal.