Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitan as instalacións do Auditorio Fuxan os Ventos con integrantes de Auxilia

A área de Cultura busca «facilitar que o Auditorio Fuxan os Ventos sexa accesible para toda a veciñanza».

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron as instalacións do Auditorio Fuxan os Ventos xunto con integrantes de Auxilia para «coñecer de primeira man as necesidades do colectivo e das persoas con mobilidade reducida nesta nova instalación».

Maite Ferreiro afirmou que «é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas», e engadiu «é preciso cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible».


A Tenencia de Alcaldía realizou xa actuacións para garantir o acceso ás persoas con mobilidade reducida, como a reserva de espazos na sala principal do auditorio ou a habilitación de prazas de estacionamento 
accesibles.

Comparte éste artículo
No hay comentarios