A UGT rendeu homenaxe este venres a Pepe Carrillo, «unha figura fundamental no sindicalismo e un referente na defensa da xustiza social e da dignidade laboral», en palabras de José Ramón Rioboo, representante da Deputación da Coruña nun acto que congregou a numerosos representantes do mundo institucional, político e sindical da comarca, entre eles a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe ou o actual secretario xeral de UGT en Galicia, José Antonio Gómez.
Rioboo destacou que Carrillo é «unha figura eternamente vencellada sindicalismo nesta comarca», e subliñou que «dende os seus primeiros pasos na UGT, Pepe entendeu que o sindicalismo non é só unha ferramenta para defender os dereitos da xente, senón tamén a columna vertebral sobre a que sustentar o progreso como camiño para acadar o benestar común», expresou-
O deputado tamén puxo en valor a capacidade de diálogo de Carrillo, destacando que «só a través desa habilidade conseguiu desenvolver todo tipo de negociacións para a defensa das causas xustas, mesmo en situacións de complexa e inestable realidade».
Finalmente, Rioboo reivindicou a pegada que deixa Pepe Carrillo, asegurando que «o seu legado debe ser un faro para seguir loitando por novas conquistas laborais» e lembrando que «moitos dos dereitos e liberdades que hoxe gozamos foron posibles grazas ao compromiso e loita incansable de moitas persoas como él».