Olalla Rodil “ compartimos coa veciñanza de Doiras a preocupación pola merma de servizos sanitarios na montaña lucense”.
O Bloque Nacionalista Galego de Cervantes denuncia unha vez máis o abandono ao que a Xunta de Galiza ten sometido a Cervantes, concretamente ao Consultorio de Doiras que nesta última semana non tivo atención médica continuada. Situación que se ven repetindo nos últimos tempos, o que implica unha molestia para a veciñanza das parroquias afectadas que nunca saben cando contan con atención médica e cando non.
A veciñanza de Doiras trasladou ao Bng a súa preocupación pola situación na que esta r este consultorio porque unha vez máis a Xunta de Galiza abandona a esta veciñanza
Olalla Rodil “É evidente que a Xunta de Galiza e o PP incumpriron as promesas feitas á veciñanza de Doiras e, en xeral, do Concello de Cervantes.” Unha poboación tremendamente prexudicada pola falta de asistencia médica no seu centro de referencia ao verse na obriga de percorrer máis de 20 quilómetros até o lugar de San Román para poder ser atendida por unha persoa facultativa.
“Desde o BNG insistimos no dereito da poboación de Doiras e do conxunto da montaña de Lugo a contar cunha asistencia sanitaria digna, próxima e da máxima calidade” exixe a deputada nacionalista