O BNG de Monterroso constitúe a súa asemblea local con Iñaki Vilariño como responsábel e Lorena Novoa como vicerresponsábel

“é unha honra que os e as compañeiras do BNG de Monterroso depositaran en nós a súa confianza para    dar proxección a nosa organización” Iñaki Vilariño.

O Bloque Nacionalista Galego en Monterroso ven de constituír a súa asemblea local e elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da fronte nacionalista.

Como froito deste proceso saíu elixido Iñaki Vilariño como responsábel local e Lorena Novoa como vicerresponsábel.

Esta responsabilidade compartida desenvólvese para mellorar o traballo político e social  deste concello e deste xeito, poder chegar e afrontar as problemáticas e circunstancias cunha mellor comunicación coa veciñanza.

Lorena Novoa expresou o seu agradecemento polo apoio recibido e manifestou a súa vontade «de traballar con entusiasmo en prol dos intereses de Monterroso».

Neste sentido, Iñaki Vilariño fixo fincapé na corrente de simpatía hacía o BNG “día a día, máis persoas súmanse ao proxecto do BNG, somos a alternativa para acadar un novo Monterroso de futuro e progreso”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios