Este xoves #LugoPatrimonioMundial aspira a ser tendencia europea por sexto ano consecutivo

Este xoves 13 de febreiro a iniciativa #LugoPatrimonioMundial cumpre 6 anos de historia, nos que acumula milleiros de apoios de todo o mundo para que a cidade de Lugo sexa ou polo menos aspire a ser Cidade Patrimonio da Humanidade UNESCO como o son Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

O guía turístico Guido Álvarez Parga (tamén coñecido como Guido Guía) anunciou hoxe martes nas redes sociais que un ano máis mobilizarase a etiqueta en todas as redes e plataformas na procura de volver ser tendencia (trending topic) a nivel europeo e mundial.

Anos pasados importantes historiadores, científicos, deportistas, políticos, e persoeiros de todo tipo apoiaron esta campaña que sempre consegue meterse entre as tendencias internacionais do día malia a competir con efemérides tan populares como o Día Mundial da Radio..

Comparte éste artículo
No hay comentarios