A voceira do Grupo Municipal do PP vén de comunicar á alcaldesa de Lugo “o apoio do Grupo Municipal do PP ao nomeamento do médico Rafael de Vega e do catedrático Xesús Alonso Montero como fillos adoptivos da cidade, en recoñecemento ás súas destacadas traxectorias e á súa contribución á sociedade lucense e galega”.
Elena Candia explica que “convencida dos valores da libertade e da democracia sempre apoiaremos o traballo de homes e mulleres comprometidos e comprometidas con Lugo. Sen dúbida, a súa aportación intelectual, a súa calidade humana, a súa vocación de servizo público así como o seu compromiso coa cidade de Lugo fannos merecedores deste recoñecemento».
Os populares subliñan que o catedrático Xesús Alonso Montero converteu Lugo nun referente académico e intelectual, destacando con luz propia nunha cidade á que sempre se sentiu ligado e onde deixou unha fonda pegada.
Rafael de Vega, director do hospital e deputado de Lugo que sempre se preocupou polos que máis o necesitaban, sobresaindo polo seu labor como médico. A súa humanidade e valía tiveron na intransixencia e a violencia un final que nunca debeu ter acontecido.
Por último os populares afirman que é fundamental preservar e honrar a memoria daqueles homes e mulleres que serven á sociedade, independentemente das bandeiras, ideoloxías ou intereses partidistas