A XI edición da FIRST LEGO League Galicia reúne o 22 de febreiro a mais de 350 mozos e mozas no Campus Industrial de Ferrol

Participan un total de 53 equipos, 27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover, procedentes de distintos puntos da comunidade autónoma e de Asturias.

A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) o vindeiro sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta ocasión, participan un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia

A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este mércores a presentación desta décimo primeira edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz. 

Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, JoséAntonio Becerra, explicou que o torneo terá lugar, por terceiro ano consecutivo, no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Do mesmo xeito, aproveitou taménpara agradecer o traballo que realizan os preto de 100 voluntarios e voluntarias da Universidade da Coruña (UDC) que ano tras ano colaboran nesta iniciativa.

Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, destacou a relevancia dun evento internacional que “une ao campus” e que “atrae ata este espazo e ata esta cidade a un moi bo número de mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias”. Acto seguido, fixo fincapé no papel que xogan as entidades colaboradoras, citando a todas as empresas e entidades que forman parte do proxecto e agradecendo o apoio prestado pola Xunta da Galicia, a Deputación da Coruña e máis do Concello de Ferrol. 

Do mesmo xeito, a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons, puxo en valor todo o traballo que realiza o profesorado e alumnado implicado neste programa educativo internacional “fóra de horario lectivo, botando man do seu tempo libre e de ocio”. Para rematar, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez, e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, aseguraron que a elección Ferrol como sede da GRAN FINAL Nacional da FIRST LEGO League, programada para o 29 de marzo, é “un premio” a todo o traballo realizado a prol da promoción das materias STEAM nestes últimos dez anos.

Colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gabadi, Gadis,ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. 

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de SUBMERGED, un desafío no que utilizarán o pensamento creativo e a tecnoloxía LEGO para explorar as capas do océano e levar as súas aprendizaxes e ideas á superficie mentres navegan cara o futuro. O seu obxectivo final será o de imaxinar  innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

– O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súasolución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.

– O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misiónsnun taboleiro de xogo relacionado co desafío.

– A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión. 

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge (de 10 a 16 anos)

EquipoNomeColexio
1MEGA BUILDER TEAMMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
2MEGA LEGO POBRAMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
3MEGA RIBEIRA SUPER LEGOMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
4ROBOT CITY POBRAMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
5TorlaAntonio Pinto Llona (Oviedo, Asturias)
6La Acacias BOTColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
7LegotrónicasColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
8STEAMGirls Las AcaciasColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
9La Acacias ChallengersColexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
10MontBOTColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
11Montecastelo LittleBOTColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
12Montecastelo BOTColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
13SeaBOTColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
14Peña Bots 2Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
15Peña Bots 3Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
16PathfindersColexio Internacional Eirís (A Coruña)
17LegoLarColexio Lar (Mos, Pontevedra)
18Team KrakenDavid García (Avilés, Asturias)
19The Electricse-makers Lab (Narón, A Coruña)
20Ctrl+TIES As Telleiras (Narón, A Coruña)
21IES_CONCEPCIÓN_ARENALIES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña)
22Os robots do pazoIES de Fene (Fene, A Coruña)
23PULOPIES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)
24LampreazaposGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
25Os Muxes Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
26Sea SaversGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
27Captioma ElementalsCAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

Listaxe FIRST LEGO League Explore (de 6 a 9 anos)

EquipoNomeColexio
1MEGA BUILDER TEAM JRMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
2MEGA RIBEIRA SUPER LEGO JRMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
3MAKER LEGO LARColexio Lar (Mos, Pontevedra)
4STAR LEGO LARColexio Lar (Mos, Pontevedra)
5Montecastelo MiniBOTColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
6Captioma Gran MajáCAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
7Captioma Los TitánicosCAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
8LEGO SHARKSSociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
9“CLAM” TROULEIROCEIP Plurilingüe de Castrelos(Cambados, Pontevedra)
10EQUIPO ACUÁTICOCEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
11EQUIPO MAIK MARINOCEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
12EQUIPO OS CASTRELIZANTESCEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
13EQUIPO SUBMARINOCEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
14EQUIPO SUPER MARINOCEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
15Team KrakenDavid García (Avilés, Asturias)
16LegoleirosDiego Mariño (Oleiros, A Coruña)
17Ajolote MAKERSe-makers Lab (Narón, A Coruña)
18CachaloteMakerse-makers Lab (Narón, A Coruña)
19e-makers Monstruos de Mare-makers Lab (Narón, A Coruña)
20LAS ACACIAS EXPLORERSColexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
21AQUABOTSGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
22Los humildes de poca montaGazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

Listaxe FIRST LEGO League Discover (de 5 a 6 anos)

EquipoNomeColexio
1Star TeamSociedade Cooperativa Galega GuillelmeBrown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
2Turtle TeamSociedade Cooperativa Galega GuillelmeBrown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
3EMAKERS RAPESe-makers Lab (Narón, A Coruña)
4EMAKERS TIBURONESe-makers Lab (Narón, A Coruña)
Comparte éste artículo
No hay comentarios