O Partido Galeguista lamenta a negativa do BNG para honrar a Xesús Alonso Montero en Lugo

Dende o Partido Galeguista entendemos e defendemos sempre, que cando algunha formación política propoña o recoñecemento público a figura, obra, etc., dunha persoa; e proceder ao seu nomeamento diante dunha sesión plenaria, sexa concello, deputación, parlamento etc., e co motivo de salvagardar o nome desa persoa, débese falar co conxunto das forzas políticas e axentes que conforman esa entidade.

Os galeguistas estamos totalmente dacordo cos recoñecementos propostos pola alcaldía do Concello de Lugo, nas persoas de Rafael de Vega, médico de recoñecido prestixio profesional e persoal, lembrado na cidade eo seu entorno polo talante humán amosado en favor da xente máis humilde. Para os que levaron adiante o golpe de estado contra o lexítimo goberno da República, tiña un defecto insalvable, ser deputado “elexido democráticamente” nas listas por Lugo do Partido Republicano Radical, polo que lle valeu ser fusilado o 21 de Outubro de 1936, a edade de 48 anos. E na persoa do profesor Xesús Alonso Montero, o mestre xa fora merecedor o pasado ano 2024, dunha grande homenaxe no IES Lucús Augusti, no que exerceu como profesor de Língua e Literatura Española entre 1960 e 1976 (16 anos da súa vida). A este homenaxe asistiron persoas de distintos credos e sentimentos..entre eles os xornalistas José de Cora, Perfecto Conde, Fernando Onega, o productor e director de cine Xan Leira, ou o noso Secretario Xeral, Francisco López “ Chesqui”

Dende o Partido Galeguista entendemos que o mestre Xesús Alonso Montero está ligado para sempre á historia desta nosa Terra, pola defensa da nosa língua através da súa inmensa obra literaria en todos os campos.

Por conseguinte non podemos entender o porqué do rexeitamento a este recoñecemento por parte do grupo municipal do BNG no Concello de Lugo. É máis, entendemos que este posicionamento “nada doado de explicar” pasaralle factura.

Comparte éste artículo
No hay comentarios