O PP de Monforte instará ao equipo de goberno de Tomé a que teña unha maior sensibilidade coa inclusividade nos recursos humanos do Concello

“Concretamente solicitamos que o Concello de Monforte adquira o compromiso de ser máis inclusivo ofertando máis prazas para as persoas con discapacidade nas vindeiras Ofertas Públicas de Emprego”, sinala a voceira do PP de Monforte, Katy Varela.

O Grupo Municipal do PP de Monforte instará no vindeiro pleno que o equipo de goberno de Tomé a que teña unha maior sensibilidade coa inclusividade nos recursos humanos do Concello. “Concretamente solicitamos que o Concello de Monforte adquira o compromiso de ser máis inclusivo ofertando máis prazas para as persoas con discapacidade nas vindeiras Ofertas Públicas de Emprego, xa sexan de maneira conxunta con outras ou de xeito independente, tal e como permite a lei”, sinala a voceira do PP de Monforte, Katy Varela.

Os populares consideran que o Concello de Monforte non é sensible coas necesidades especiais que podan ter algunhas persoas. A voceira popular, Katy Varela, explica que “isto maniféstase, por exemplo, na última Oferta de Emprego Público (OPE) que non incluía a porcentaxe mínima de prazas -7%-  para persoas con discapacidade que lle esixe a lei, tal e como denunciaba recentemente a CIG. Aínda que sexa difícil cumprir os requisitos para optar ás prazas para persoas con discapacidade, hai que cumprir as normas que din que o 2% da plantilla sexa ocupada por traballadores con discapacidade. Dubidamos moito que en Monfortese cumpra”, puntualiza.

“É necesario que o Concello se implique e que publique ofertas de emprego destinadas a estas persoas. Por iso, vamos solicitar no vindeiro pleno que haxa máis sensibilidade por parte do equipo de goberno de Tomé con este colectivo e que se comprometa a publicar nalgunha OPE prazas específicas para as persoas con maior vulnerabilidade, que teñen un grado de discapacidade maior do 33%, finaliza a popular.

Comparte éste artículo
No hay comentarios