Arias ofrécelle colaboración ao novo xefe da Unidade Adscrita de Lugo para seguir prestando o mellor servizo na provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe co novo xefe da Sede da Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Lugo, o inspector xefe Moisés Muñiz, que acaba de asumir o cargo tras a xubilación do anterior responsable, Javier García Amigo.

Neste primeiro encontro institucional, Arias felicitouno pola súa nova responsabilidade e ofreceulle colaboración para “seguir prestando o mellor servizo” á  cidadanía da provincia.

O delegado puxo en valor o “labor fundamental” deste corpo policial, que ten entre os seus cometidos a loita contra os incendios, a protección do medio natural, das rutas xacobeas, das vítimas de violencia de xénero e dos menores, entre outros.

Comparte éste artículo
No hay comentarios