A UXP de UGT planta cara a Facenda polo cambio nas devolucións a mutualistas na Coruña e Vigo

Mañá, día 20, están convocadas mobilizacións en todo o Estado, en Galicia na Coruña, fronte á Delegación de Facenda, na Rúa Comandante Fontanes, 10; e en Vigo, tamén fronte á Delegación de Facenda, na Rúa Lalín, 2. En ambos casos, a partir das 11.00 horas.

A Unión de Xubilados e Pensionistas (UXP) de UGT-Galicia denuncia o cambio unilateral da Axencia Tributaria en canto ás devolucións que obrigatoriamente debe realizar aos mutualistas aos que se lles obrigou a realizar tributacións indebidas, impedindo así beneficiarse das minoracións na base impoñible do IRPF ás que tiñan dereito, segundo varias resolucións do Tribunal Supremo.

Para a UXP, esta nova decisión, que anula a devolución das cantidades aos mutualistas, xera indefensión; discrimina a quenes non recibiron o seu reembolso e rompe os acordos sociais; xera unha serie de cuestionamentos sobre a súa aplicación retroactiva; orixina o trato desigual entre comunidades autónomas, xa que nalgunhas comunidades xa percibiron a devolución e noutras deberán asumir cargas fiscais imprevistas; e supón ruptura de acordos sociais previos acadados cos axentes sociais.

Para UGT, trátase dunha clara manifestación de edadismo institucional. Por todo isto, o Sindicato considera que a Axencia Tributaria debe atender as preocupacións dos mutualistas afectados e ofrecer mecanismos que mitiguen os efectos negativos desta decisión, garantindo un tratamento xusto para todos os contribuíntes, independentemente do seu lugar de residencia e das decisións previas que teñan adoptado baseándose en normativas anteriores.

Así, debe revisar esta decisión e restituír os criterios orixinais que respectaban os dereitos de todos os mutualistas; cumprir os acordos cos axentes sociais; a abrir unha canle de diálogo urxente coas partes afectadas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios