Elena Candia preside a reunión da xunta directiva do PP da provincia de Lugo na que participa o responsable de Sanidade do Goberno galego, Antonio Gómez Caamaño

Elena Candia presidiu este mércores unha reunión da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Lugo na que participaron o titular de Sanidade do Goberno galego, Antonio Gómez Caamaño, e o xerente da Área Sanitaria Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña, Ramón Ares.

Durante a xuntanza á que asistiron alcaldes e portavoces, Caamaño e Ares escoitaron as demandas e necesidades e expuxo os esforzos que fai a Xunta de Galicia na área sanitaria de Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña para afrontar a falta de médicos, «o principal problema do Sistema Nacional de Saúde, é dicir, en todas as comunidades de España», segundo expuxo o responsable de Sanidade do Goberno galego.

Tamén insistiu en que «é precisa a implicación do Ministerio de Sanidade para contar con máis médicos. Dende Galicia reclamamos ao Goberno de España que permita formar máis médicos, autorice ampliar a idade máxima de xubilación aos 72 anos e axilice a homologación de títulos de estranxeiros».

Gómez Caamaño incidiu en que «o Goberno galego continúa, no eido das súas competencias, a traballar para incrementar o número profesionais médicos nas ramas máis deficitarias, mellorando as retribucións, facilitando o acceso ás prazas de difícil cobertura e formando máis médicos residentes que nunca».

Comparte éste artículo
No hay comentarios