Ameijide critica a Carmela López por ofrecer traballo en “cafés” e dubida da súa ética como presidenta da Deputación de Lugo

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, preguntou hoxe á presidenta da Deputación, Carmela López, “se tomar cafés con mulleres en bares para, presuntamente, ofrecer postos de traballo a cambio de sexo é unha función dun presidente da Deputación”.

Así de contundente se amosou o voceiro provincial popular ante a gravidade dos feitos que salpican á Deputación nos últimos meses e a postura adoptada polo PSOE: “Cómpre que dean explicacións públicas”.

Antonio Ameijide tamén puxo sobre a mesa que “ninguén no PSOE na provincia de Lugo” foi capaz de poñer a cara e o seu nome para “defender a José Tomé” xa que “os comunicados que fixeron públicos respondían ás siglas do partido, unha postura que demostra seguen amparando a Tomé aínda que ninguén se atreve a dar a cara”.

O voceiro provincial insiste en que a presidenta da Deputación ten que aclarar cal é o seu criterio respecto ás funcións que corresponden ao máximo representante da institución.

Neste senso, Ameijide insiste en preguntar, tanto a socialistas como nacionalistas, “se van a gastar un só euro de diñeiro público —ben sexa a través dun seguro ou de orzamento directo da Deputación— en pagar ou financiar os gastos e a defensa xurídica de José Tomé?”.

O voceiro popular recorda que no pleno deste mes defenderemos unha moción para instar á Deputación de Lugo a que “non preste o servizo de asesoramento xurídico nin financie os gastos de asesoramento xurídico a autoridades ou cargos políticos en presuntos casos de acoso sexual ou agresión sexual, violencia de xénero ou calquera conduta contra os dereitos fundamentais das persoas”.

O popular foi moi claro ao afirmar que “a postura do Partido Popular é firme e inamovible: Temos moi claro que non se pode destinar nin un só euro de diñeiro público á defensa de asuntos privados; salvo que para a presidenta da Deputación tomar café para ofrecer postos de traballo, presuntamente, a cambio de sexo agora sexa unha función propia do cargo de presidente”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios