Lugo celebra o Día da Lingua Materna

Durante a mañá, o Parque de Rosalía acolleu unha lectura de poemas, mentres que pola tarde a artista Mamá Cabra dinamizará o soto da praza cunha actividade para público familiar.

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
realizaron hoxe en Lugo un acto con motivo do Día da Lingua Materna.  O acto contou coa tradicional ofrenda a Rosalía e a lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, que se celebra cada ano o 23 de febreiro, despois realizouse a lectura pública de poemas de Rosalía.

Pola tarde, a programación do Día da Lingua Materna amplíase co concerto de ‘Mamá Cabra’ no soto da Praza de Abastos e co festival «As literatas para Rosalía de Castro», organizado pola Vicepresidencia da
Deputación, que contará coas intervencións musicais de Nebra e Laura Lamontagne.

Ferreiro afirmou que é preciso «visibilizar que a nosa lingua pode ser utilizada en calquera situación, facilitando a veciñanza se anime a falar en galego e colaborando desde o Concello de Lugo para reverter unha situación tan grave como a que vive neste momento a lingua galega».

Segundo os últimos datos publicados, un de cada tres menores saben pouco o nada de galego e só o 7% dos nenos e nenas entre 5 e 14 anos falan galego sempre, «14 anos despois do decreto antigalego do PP, cunha
xeración educada íntegramente nesta normativa, estamos vendo como as persoas máis novas están a perder a capacidade de utilizar a nosa lingua», afirmou Maite Ferreiro.

A edil de Promoción da Lingua afirmou que «é necesario tomar medidas reais e inmediatas que permitan reverter unha situación tan grave como a que temos neste momento coa lingua».

Comparte éste artículo
No hay comentarios