O BNG do Corgo celebrou un acto de homenaxe ao compañeiro Quique Casanova polo X aniversario do seu pasamento

O grupo do BNG no Corgo celebrou unha homenaxe a Quique Casanova, hoxe xoves, co galo do X aniversario do seu pasamento.

Neste acto estiveron presentes compañeiros do BNG no Corgo e doutras localidades así como veciñanza e representantes de entidades culturais onde Quique sempre tivo presenza.

Este acto tivo lugar na praza de Manán que leva o seu nome como agradecemento ós proxectos que levou a cabo na súa parroquia.

Quique, fillo adoptivo do Corgo dende o ano 2016, do que sobra dicir que para todos era corgués, do val de Gomeán, unha persoa discreta, humilde, un traballador incansábel, defensor da lingua e da cultura, da natureza e gran activista social. Foi unha persoa inspiradora para moita veciñanza, membro fundador da asociación cultural Arumes do Corgo e do centro de Estudos do Corgo.

Ata o seu pasamento foi militante nacionalista e concelleiro do BNG no Corgo durante 16 anos, facendo sempre unha oposición construtiva, trasladando todos e cada un dos problemas que as veciñas e veciños lle solicitaban, pelexou sempre por un Corgo e por unha Galiza sen limites. Todas as persoas que traballaron con el tanto no ámbito laboral, político ou cultural destacan o seu caracter afabel e cordial, sempre pensando no ben do concello do Corgo, sempre traballando en coherencia coas súas ideas.

Con este acto quixemos manter viva a súa memoria e seu legado, exemplo de compromiso, dignidade e loita polos dereitos do noso pobo. Dez anos despois do seu pasamento, seguimos a lembrar a súa entrega porque quen sementa na conciencia, nunca morre.

Comparte éste artículo
No hay comentarios