Zeltia Irevire presenta o sinxelo “A Canción da Sentinela” que abrirá o seu próximo disco

«A canción da sentinela».

Co seu inconfundible estilo de autor, tráenos un novo tema cun toque country e folk.

Unha canción que nos fala dun espertar colectivo, da nosa voz interior conectada coa Natureza e co sentimento de Libertade, só hai que espertala cunha melodía. Coa Canción da Sentinela, o olhar atento do bosque. 

Estará dispoñible en tódalas plataformas este xoves 6 de marzo! 

Xa podedes facer o voso presave do tema!

Tivemos a inmensa sorte de que este novo tema fora misturado polo músico e técnico de son, Virgilio Fernández. Amigo e mestre cunha carreira brillante no mundo do son. 
Traballou cos grandes: Manolo García, Serrat, Siniestro Total, Estopa ou Radio Futura, entre outros.

Masterización feita por Fernando Camposen Edisco Recording Studios. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios