A Xunta e a Asociación ‘Itineris’ avalarían novas vías de colaboración para dinamizar o barrio da Tinería

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias,   mantivo unha xuntanza coa presidenta e o vicepresidente da asociación de empresarios da Tinería “Itineris”, Isabel Lozano e Alberto Curiel, respectivamente, na que se avaliaron as posibles colaboracións a desenvolver nos vindeiros meses para dinamizar este barrio da cidade.

O delegado lembrou a implicación da Xunta nas festas que se celebran en setembro. “En concreto -sinalou-, durante a última edición cooperamos cos organizadores achegando   iniciativas e recursos, ofrecendo un soporte que resultou fundamental para que numerosas persoas se acercaran ao barrio, logrando un gran éxito”. Na mesma liña, engadiu que “seguiremos traballando e valorando outras medidas para atraer movemento económico e visitantes ao casco histórico”.

Ao respecto, Arias afirmou que o Goberno galego continúa coa rehabilitación urbanística da Tinería como base para estimular a actividade empresarial e o asentamento de novos veciños e veciñas. Explicou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará proximamente un concurso de ideas para a redacción do plan especial da UI-8 e a recuperación e posta en valor do pazo de Dona Urraca e a súa contorna. O gañador redactará tamén os proxectos das edificacións que se construirán ou rehabilitarán; en conxunto, os proxectos suma un investimento de medio millón de euros.  

Comparte éste artículo
No hay comentarios