Guido Guía organiza un paseo para recibir á primavera cos veciños do Parque Rosalía e Recatelo o 22 de marzo

O guía turístico Guido Álvarez Parga e a nova asociación de veciños do Parque Rosalía e Recatelo colaboran por primeira vez para organizar unha actividade de benvida á primavera do 2025. O sábado 22 de marzo organizan un paseo guiado que partirá dende a entrada do parque (no busto da escritora) e rematará no mesmo lugar tres horas despois.

Virán a Lugo persoas de toda Galicia para recibir xuntos, nun lugar idóneo para elo, a nova estación. Prevén que a asistencia será numerosa (xa recibiron moitos correos de inscrición) e auguran que será a primeira de moitas actividades de colaboración. Guido leva 10 anos (dende que se acreditou como guía) organizando actividades dende o Parque Rosalía, e a colaboración coa nova asociación de veciños é totalmente natural.

As persoas que teñan interese en inscribirse a esta actividade deben facelo a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios