A borrasca atlántica Jana traerá chuvascos máis activos ao oeste, localmente tormentosos na franxa costeira das Rías Baixas, dende Tui ata Cabo de Area, en Laxe, afectando con especial intensidade a toda a vertente atlántica oeste de Galicia.
A partir de hoxe venres, día 7, aproxímase a Galicia esta importante borrasca que trae consigo aire moi frío procedente da zona polar. Teremos tempo invernal, con chuvias persistentes, ventos con intervalos fortes e, dende o sábado, temperaturas baixas, con neve nas zonas altas das montañas de Lugo e Ourense. Os avisos amarelos activaranse dende primeiras horas do venres por adversos costeiros de suroeste, con mar de vento forza 7 a forza 8, mar adentro, e avisos amarelos tamén en terra firme por ventos que poden acadar ata os 80 km/hora.
Estes efectos do vento remitirán nas primeiras horas da noite do venres en toda Galicia, maila que se manterán activos os avisos amarelos por vento nas montañas de Ourense ata ás 23:59 horas do venres. Está previsto que nas primeiras horas do sábado se reactiven ditas alertas amarelas polos mesmos fenómenos adversos según a Agencia Estatal de Meteorología española e os datos emitidos polo Meteo Galicia.