O BNG chama a “unha mobilización masiva” este 8M en Lugo

A deputada Olalla Rodil afirmou que  “o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero somos nós as que seguimos funcionando con desigualdade”.

O BNG chama ás mulleres de Lugo a mobilizarse o vindeiro sábado, 8 de marzo, día internacional da Muller
traballadora. En Lugo, a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil anunciou o apoio ás mobilizacións convocadas polos colectivos presentes na cidade, ademais do resto de mobilizacións que o movemento feminista organiza de cara ao 8 de marzo. “Fronte ao rearmamento do machismo só hai unha resposta clara, máis feminismo e máis mobilización” declarou Olalla Rodil.

Rodil aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller Traballadora, e afirmou que “o mundo non pode funcionar sen as mulleres, somos nós as que seguimos a funcionar con desigualdade”, declarou Olalla Rodil.

Rodil salientou que «é precisa unha resposta en chave galega que atenda á especificidade dos nosos problemas e poña solucións concretas ante a falta de actuación da Xunta e do Estado». Para a parlamentaria do BNG, «é preciso reforzar os servizos públicos, garantir o dereito á conciliación e a un sistema de saúde que non nos invisibilice». Rodil chamou á mobilización o 8M «para colocar os dereitos das mulleres no centro do debate».

Comparte éste artículo
No hay comentarios