A falta de recursos e a saturación de espazos pon en risco o benestar dos animais ao seu cargo. A situación require unha acción urxente para garantir a súa continuidade e a atención necesaria a todos os animais que dependen da súa labor.
A situación da protectora é outro exemplo da desatención do goberno local e da falta de sensibilidade do PSOE e do BNG co benestar animal. Tamén pon de manifesto o PP, a deixadez das súas funcións en asuntos que son da súa exclusiva responsabilidade, tal e como recollen a Lei 7/2023, de Protección dos Dereitos e o Benestar dos Animais, e a Lei 4/2017 de Galicia.
Pedimos con urxencia a actualización do convenio previsto para 2025, maior axilidade na súa tramitación e, sobre todo, que se cumpra sen máis demoras cos compromisos adquiridos coa protectora, No PP non imos mirar para outro lado. Acompañamos a Michos neste momento difícil, porque o coidado dos animais require compromiso, non escusas.
Queremos expresar o noso agradecemento a Michos polo seu traballo exemplar e compromiso incansable coa protección animal.