O Alcalde de Oleiros acaba de decantarse públicamente por seguir mantendo como prioridade en materia de vivenda a especulación inmobiliaria, apoiando a unha promotora para presionar a Fomento para que lle dean facilidades para «formigonar» outros 20.000m2 no concello.
O Alcalde de Oleiros apoiou públicamente a uns promotores que queren levantar en Perillo unha macrourbanización nun solar de 20.000 metros cadrados, axudando a presionar para que Fomento lle dea saída directa á N-VI.
A excusa que pon é que «incluye decenas de viviendas de protección», pero é a percha que emprega para «apoiar á promotora para que interpoña unha denuncia e reclame unha indemnización por 41 millóns de euros. Nesta cantidade vai o prezo do solo, o das vivendas e, por suposto, o lucro da empresa».
O Alcalde, coa política de especulación co chan está a expulsar aos seus veciños de toda a vida.
Mentres outros concellos fan o que pedimos nós hai un ano no Pleno, ceder parcelas á Xunta para que faga vivienda pública, Oleiros subástaas ao mellor postor, porque non é a súa prioridade facilitar o acceso á vivenda. O resultado témolo nas 1700 renuncias de oleirenses a vivendas de protección, que agora mercarán os de fóra ante o seu custo, de preto de 300.000€ as máis baratas ao engadirlle impostos e gastos.
Se non fora polo drama que supón poderíamos facer chanza con que Oleiros non é concello para divorciarse, pero temos un gravísimo problema coa política de vivenda que non dá para risas, nin para os que a teñen nin para os que non, e estas declaracións do Alcalde axudan a entender as causas e os intereses que nos levaron ata aquí.
Pero este urbanismo excluínte afecta tamén a quen xa ten vivenda. Vanse facer 25 vivendas no centro de Santa Cruz sen importar perder o espazo para as festas. Fai meses aprobaron facer 390 na saída de Santa Cruz, e máis de 200 en Mera… Novas construcións sen mellorar os servizos, que farán que os problemas diarios e graves de abastecemento, saneamento ou mobilidade crezan, prexudicando a quen xa vive aquí.
A proliferación de novas urbanizacións onde ata o de agora había campo ou monte, saturando a capacidade urbanística, fará que quen antes abría a ventá e vía campo ou árbores, proximamente verá 20 ou 30 adosados, perdendo boa parte do valor da súa propiedade.
O alcalde que no 2024 cobrou 90.731,79€
Urbanizacións que non mellorarán a vida dos nosos veciños ou o acceso á vivenda dos mozos, entón a quen benefician? lembremos que mentres aos veciños nos suben o ibi un 10% báixanllo nun 90% a promotores e inmobiliarias. Estas políticas antisociais benefician só a promotores e inmobiliarias, non aos veciños, pero para un alcalde que no 2024 cobrou 90.731,79€ o problema da vivenda non existe.»