O Festival Son&Mar chega a A Coruña

Despois do éxito de público acadado no peirao de Vigo a pasada semana, o ciclo de concertos do Festival Son&Mar cambia de sede galega: o Porto da Coruña súmase a SON&MAR con grandes citas de música á beira do mar fronte á Torre de Hércules.

SON&MAR é un proxecto integrador que une a nostalxia dos clásicos, os sons urbanos e electrónicos e a enerxía universitaria. Unha programación coherente e emocionante que non só ofrece música, senón tamén experiencias compartidas, identidade cultural e unha nova forma de vivir a cidade a través da arte.

O venres 18, comeza o festival na ciudade herculina. O DJ e produtor italiano Gabry Ponte, referente do dance europeo desde os tempos de Eiffel 65 ata os seus éxitos actuais, abre o ciclo na Coruña cunha noite de electrónica.

O sábado 19, terá lugar o Tardeo Picapop. Os temazos dos 90 e dos 2000 volven ter a súa festa. Un gran tardeo no porto da Coruña para cantar e bailar os himnos dunha xeración, á beira do mar e en pleno corazón da cidade.

O domingo 20, será o Mundo Juego. O porto da Coruña convértese nun gran parque de xogo para todas as idades. Mundo Juego enche o peirao de xogos xigantes, actividades e os personaxes favoritos dos máis pequenos, con El Pollo Pepe y sus amigos. Unha xornada continua de 11:00 a 21:00, de entrada libre ata completar aforo: o plan en familia do ciclo.

O venres 25, terá lugar a gran cita electrónica do ciclo na Coruña. Mestiza presenta Sacro Galicia no Muelle de Batería do porto da Coruña, da man de Wake Up! Electronic Parties: unha noite de sons electrónicos fronte ao Atlántico, de 19:00 a 02:00 horas.

O sábado 26, a gran festa urbana Dale Flow chega ao porto da Coruña con Omar Montes como cabeza de cartel. O artista madrileño, un dos nomes máis escoitados da música urbana en España, trae os seus éxitos de reggaeton, trap e flamenco urbano a unha noite de festa total.

O domingo 27, terá lugar o Orballo Cultural. A música de raíz galega tamén chega ao porto da Coruña. Tradición, identidade e novas miradas danse a man con Baiuca, Budiño, Catuxa Salom e Guilherme Zapata, coa Torre de Hércules como testemuña.

Xa nos adentramos no mes de outubro. O venres 9, «A festa máis linda do mundo» aterra no ciclo. Bresh, o fenómeno nacido en Bos Aires que xa enche recintos en toda España e Latinoamérica, presenta unha edición XXL no porto da Coruña by Bacardí & Cola: oito horas de festa, de 18:00 a 02:00, con reggaeton, pop, cumbia e todos os himnos para cantar e bailar sen parar.

O sábado 10, será o fin do festival có One Dance · Edición Tardeo. O festival dance das décadas dos 90, 2000 e 2020 chega ao ciclo na Coruña cunha edición tardeo á beira do mar. O mellor de sempre con Safri Duo, ItaloBrothers e Lasgo no porto da Coruña.

A maioría de concertos do ciclo son de acceso gratuíto. As entradas para os restantes concertos de pago pódense mercar na web oficial da organizadora: sonemar.gal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios