A programación, que se desenvolverá ao longo do mes de marzo en NORMAL, ofrece unha selección de documentais que exploran a vida, os desafíos ambientais e a cultura das comunidades árticas.
A Universidade da Coruña inaugura o vindeiro luns, día 10 de marzo,o o ciclo de cinema documental “Reflexos do Ártico”, unha proposta audiovisual que achega ao público a realidade dunha das rexións máis extremas e fascinantes do planeta. O evento terá lugar na Sala de Exposicións de NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da UDC, onde se proxectarán unha coidada selección de filmes que retratan a vida cotiá, os cambios climáticos e os desafíos culturais das poboacións do Ártico.
O ciclo arrancará coa proxección de “Nanook of the North” (1922), de Robert J. Flaherty, considerado o primeiro gran documental da historia do cinema. Esta obra pioneira segue a vida dunha familia esquimó no norte de Canadá para mostrar as súas estratexias de supervivencia nunha contorna hostil. A pesar de certas recreacións dramatizadas, segue a ser unha referencia fundamental para entender as culturas do Ártico
A programación inclúe tamén títulos como “Labrador North” (1973), de RogerHart, que aborda a convivencia entre comunidades indíxenas e colonas na península do Labrador; e “Steering North” (1960), de David Bairstow, centrado nos avances tecnolóxicos que facilitaron a navegación do Ártico.
O impacto do cambio climático será abordado en filmes como “A Step Towardsthe Arctic – Reflections and Visions of the North” (2012), de Anne-MarieTougas, e “Halout” (2022), de Evgenia e Maxim Arbugaev, un retrato inmersivodo traballo dun biólogo mariño nunha cabana remota do norte de Rusia. Pola súa banda, “Geographies of Solitude” (2022), de Jacquelyn Mills, ofrece unha meditación visual sobre a illa de Sabre e o compromiso da naturalista Zoe Lucas coa súa preservación.
Alén do enfoque paisaxístico e antropolóxico, o ciclo inclúe documentais que exploran a relación entre a cultura e o territorio. “Heima” (2007), de Dean DeBlois, acompaña á banda islandesa Sigur Rós nun percorrido pola súa terra natal, explorando os vínculos entre a música e a contorna natural. Pola súa parte, “Vikingland” (2011), de Xurxo Chirro, rescata as gravacións caseiras domariñeiro galego Luís Lomba, “O Haia”, que traballaba nun transbordador entre Dinamarca e Alemaña nos anos noventa, ofrecendo unha reflexión sobre a memoria e a distancia do fogar.
O ciclo desenvolverase en varias sesións ao longo do mes de marzo, cunha programación que permite descubrir diferentes perspectivas sobre o Ártico e as súas transformacións. As proxeccións terán lugar na Sala de Exposicións de NORMAL e a entrada será libre ata completar aforo.
PROGRAMACIÓN
Semana 1
Luns, 10 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Martes, 11 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic – Reflections and Visions of the North (2012)
Mércores, 12 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Xoves, 13 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)
Venres, 14 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Semana 2
Luns, 17 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic – Reflections and Visions of the North (2012)
Martes, 18 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Mércores, 19 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
17:00 h.: Vikingland (2011)
Xoves, 20 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
19:00 h.: Labrador North (1973)
Venres, 21 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic – Reflections and Visions of the North (2012)
Semana 3
Luns, 24 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Martes, 25 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)
Mércores, 26 de marzo
12:00 h.: Nanook of the North (1922)
17:00 h.: Labrador North (1973)
Xoves, 27 de marzo
12:00 h.: Steering North (1960)
19:00 h.: A Step Towards the Arctic – Reflections and Visions of the North (2012)
Venres, 28 de marzo
12:00 h.: Halout (2022)
19:00 h.: Geographies of Solitude (2022)
Semana 4
Luns, 31 de marzo
12:00 h.: Heima (2007)
19:00 h.: Vikingland (2011)