Comunicado do Partido Popular de Lugo

Dende o Partido Popular da provincia de Lugo queren amosar o seu total apoio á Conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, que sufriu diversas manifestación e concentracións diante do seu domicilio en Melide (A Coruña) en relación ao proxecto da fábrica de fibras téxtiles e lyocell promovido polo Grupo Altri en Palas de Rei.

A discrepancia política é lexítima, pero o acoso persoal non ten cabida en democracia. Dende o Partido Popular de Lugo amosamos todo o noso apoio a Ánxeles Vázquez ante os actos de presión sufridos no seu propio fogar.

Dende o PP de Lugo condenan este tipo de actuacións xa que a intimadade familiar é un dereito fundamental consagrado no artigo 18 da Constitución Española que, con concentracións coma esta, ponse en risco.

No Partido Popular da provincia de Lugo afirman que, como sempre defendemos, é fundamental deixar traballar aos técnicos sen presións de ningún tipo xa que se o proxecto de Altri cumpre con toda a lei europea, española e galega terá que instalarse en Palas de Rei, e, pola contra, se non cumpre non poderá ser unha ser unha realidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios