PP de Lugo «Desmontamos outra mentira do goberno local: a comisaría da policía nacional nunca tivo orzamento no Plan de infraestruturas do Ministerio do ano 2019 ao 2025»

 

Na pregunta que lle formularon deputados populares no Congreso ao Ministerio do Interior , na resposta indican que nin hai financiamento, nin prazos, nin garantías de que se execute esta infraestrutura

A voceira do Grupo Municipal compareceu xunto coa deputada Cristina Abades e o senador Xosé Manuel Barreiro diante do solar do vello Hospital Xeral porque “foi neste emprazamento onde, en 2020, o goberno local nos acusou falsamente de renunciar á comisaría da Policía Nacional ao anunciar a construción, neste solar, dunha residencia de maiores”.  Esta  proposta fíxose dada a falta de avances e concrecións por parte do goberno de Pedro Sánchez para facer esta infraestrutura.

Nos días seguintes a tomar esta decisión o goberno local iniciou a súa estratexia de mentiras e de repetir falsidades, que sempre queda algo, para agochar a súa falta de xestión

A alcaldesa Lara Méndez chegou a dicir en abril de 2020 que había que “revisar en detalle” o proxecto da residencia para ver se quedaba espazo para a comisaría. Meses despois, en outubro, a Delegada do Goberno, Isabel Rodríguez, aseguraba que a Xunta “vendía fume” e deixaba a Lugo sen proxecto nin cartos para a Comisaría.

O que fixo o goberno local de Lugo  foi tentar confundir á cidadanía para agochar a súa falta de xestión e culpar o PP da súa propia inacción.

“Pero co paso do tempo podemos dicir que a nosa decisión foi acertada: hoxe temos a confirmación oficial de que fixemos o correcto: unha resposta do Goberno central a unha pregunta dos deputados do PP no Congreso, con data de 4 de marzo, revela que a comisaría de Lugo nunca estivo no Plan de Infraestruturas de Seguridade do Estado (PLISE) 2019-2025. A única mención que se fai é que podería incluírse nunha futura fase II, sen prazos, sen orzamento e sen garantías.

“Se houberamos feito caso  ás presións do PSOE en 2020, lugo seguiría sen comisaría e, ademais, sen residencia”. “A realidade é que temos unha residencia funcionando no barrio con 120 prazas públicas, mentres que a comisaría da policía nacional segue sen proxecto, nin financiamento por parte do Ministerio do Interior”.

Outra cuestión na que o goberno local mentiu é sobre a suma de metros das parcelas que ofrece que é insuficiente para cumprir cos requisitos que lle piden o Ministerio do Interior

Reunión co alcalde

Na reunión celebrada o pasado 27 de marzo entre a voceira popular e o Alcalde, Elena Candia insistiu na necesidade de que se incorporen as parcelas colindantes ás da rúa Orquídea e rúa Aquilino Iglesias Alvariño (obxecto do acordo aprobado na xunta de goberno do 30 de outubro), de forma que o volumen edificatorio necesario para a nova sede da comisaría da Policía Nacional se acaden en planta e non en altura.

Nas diferentes reunións mantidas cos representantes dos traballadores e membros da Policía Nacional manifestaron ao grupo municipal do PP que teñen identificados aos propietarios das parcelas colindantes polo que o Concello de Lugo está en disposición de establecer os contactos necesarios para a adquisición das mesmas e así incorporalas aos terreos obxecto da transmisión.

Os populares tamén lamentaron que dende o anuncio no que o goberno local, prometeu a entrega inmediata das parcelas da zona de Abella, segue sen confirmarse a cesión definitiva

*** Segundo a acta da xunta de goberno local del 29 de outubro de 2024, na que se aproba esta transmisión establécese como condición de cesión que o prazo máximo para o inico das obras sexa de CINCO ANOS.

Comparte éste artículo
No hay comentarios