Antonio Ameijide destaca que “estamos ante un novo exemplo do abandono de PSOE e BNG ás estradas provinciais”, e recorda como PSOE e BNG en lugar de investir en seguridade mellorando o mantemento da rede viaria en Cervantes, “optaron por dar o maior pelotazo inmobiliario coa compra dun castelo”.
Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto ao veceiro do PP en Cervantes, Óscar Fernández, e concelleiros comprobaron o “lamentable estado de conservación” da estrada provincial LU-P-1403 que “nunha gran parte do seu percorrido está en terra e grava”.
Antonio Ameijide destaca que “estamos ante un novo exemplo do abandono de PSOE e BNG ás estradas provinciais”.
O voceiro popular explica que a estrada LU-P-1403 está a “menos de 5quilómetros de onde PSOE e BNG gastaron 1M€ no maior pelotazo inmobiliario na compra dun castelo, e vemos como José Tomé obriga aos veciños de Cervantes a comunicarse por estradas coma esta, sen asfaltar e totalmente insegura e que nada teñen que ver co século XXI”.
Ameijide recorda que non se trata do único agravio de PSOE e BNG cos veciños de Cervantes, recordando os casos das estradas provinciais LU-P-1401, que presenta afundimentos ao carón dunhas vivendas, poñendo en risco a seguridade viaria, así como o subministro eléctrico para estes veciños, xa que ata están a caer os postes da luz.
Outro exemplo do abandono é a estrada LU-P-1409, unha estrada de montaña que carece de biondas e elementos de seguridade no seu percorrido para evitar posibles caídas por terrapléns de varios centos de metros.
Pola súa banda, o voceiro do PP en Cervantes, Óscar Fernández, recorda que esta estrada abriuse á circulación hai uns 40 anos e é empregada, sobre todo, por veciños de Santa Marta, Vilar de Mouros ou Os Prados que “teñen moi complicado circular ata cun todoterreo”.
Neste senso, Óscar Fernández explica que en outubro do ano pasado xa pedimos no pleno que se instara ao goberno provincial a acometer a pavimentación desta estrada, iniciativa que contou co voto a favor do PSOE. “O goberno local dixo que ía realizar unha petición formal para o seu arranxo, pero a realidade é que nada se fixo, só investiron no Castelo de Doiras mentres abandonaron as estradas provinciais”, denunciou.