O portavoz da Executiva sinalou que se pode escoller “entre ser oposición ou ser alternativa. Nós escollemos ser alternativa. A ALTERNATIVA».
O Partido dos Socialistas de Galicia celebrou esta fin de semana en Santiago de Compostela o seu XV Congreso Nacional, un evento que serviu como punto de inflexión para a formación e que confirma a súa vontade de ser a alternativa real ao actual goberno galego. O portavoz da Executiva, Julio Torrado, sinalou hoxe en rolda de prensa a súa satisfacción polos resultados do congreso, destacando a unidade, a renovación xeracional e a aprobación dun marco político ambicioso e necesario para a transformación de Galicia “porque somos a esquerda que pode, a única esquerda de Galicia”.
«Pódese escoller entre ser oposición ou ser alternativa. Nós escollemos ser alternativa. A ALTERNATIVA.» Con estas palabras, fixo fincapé na determinación do PSdeG para liderar unha Galicia que avanza, solidaria, que aposta polas enerxías limpas, que defende a sanidade pública e que traballa pola cohesión territorial con proxectos concretos como a transferencia da AP-53. «Cando o Partido Socialista está forte, Galicia é máis forte. Cando o Partido Socialista non está forte, Galicia é máis feble», subliñou.
No seu balance do Congreso, Torrado puxo en valor o traballo realizado durante meses para chegar a acordos que permiten consolidar un proxecto de futuro, froito do diálogo e da participación de especialistas de distintos sectores. Ademais, resaltou o forte respaldo á nova dirección encabezada por José Ramón Gómez Besteiro, «un equipo renovado, con experiencia e con frescura, que está preparado para liderar o cambio en Galicia”.
Sobre os comentarios do Partido Popular respecto ao Congreso do PSdeG, Torrado ironizou coa actitude do PP, asegurando que pelexan por ver quen di a maior barbaridade e teñen difícil a competición: “Gústanos que o PSdeG sexa o eixo do debate político en Galicia». E engadiu: «Vimos como o PP dedicou a súa fin de semana a valorar o noso Congreso, porque cando un partido pequeno non ten capacidade de debater internamente, dedícase a comentar o que fan os demais”.
Finalmente, o socialista indicou que o PSdeG xa está a traballar para facer realidade os compromisos adquiridos no Congreso, cunha axenda clara e unha estratexia definida para fortalecer a presenza da formación no territorio e nas institucións. «Temos tempo por diante para consolidar un proxecto solvente e gañador, especialmente de cara ás eleccións municipais de 2027, nas que aspiramos a reforzar a nosa posición como o partido municipalista de referencia en Galicia», concluíu Torrado.
Torrado referiuse ademais ao nomeamento de Lara Méndez como secretaria de organización do PSdeG, destacando a súa capacidade política, a súa traxectoria e a confianza que transmite dentro do partido. «Lara Méndez é unha política de gran valía, cunha traxectoria solvente e unha capacidade de xestión contrastada, como demostrou ao fronte da alcaldía de Lugo. A súa incorporación á nova dirección supón un reforzo importante para o proxecto do PSdeG», sinalou.
Sr.Torrado recuerde que Rueda está en Argentina y los siguientes del PP estaban comiendo filloas en Lestedo.Lo preocupante ha sido que una señora de nombre Olalla se desmayó en la Xuntanza de los «sociatas «gallegos ,no sabemos si fué por el susto que recibió oyéndo los» cuentos de hadas» a sus dirigentes o por el aburrimiento que generaban los suyos repitiendo lo mismo de siempre.Faltó el Sr. Abalos para repetir aquello de que «El feminismo forma parte del ADN socialista»,hubiese sido un acierto que acompañase a Sánchez en el viaje a Galicia para repetir sus afirmaciones ahora que la UCO le pisa los talones .Los proyectos ganadores llevan más de 40 años incumplidos y se repiten sin ganar casi nunca.Recuerde que nadie ajeno a Vdes. ha valorado su Congreso,ahí en la Ciudad de la Cultura de Santiago estaban los afines al líder y los militantes aplaudidores que aspiran o disfrutan de un puesto de trabajo bien remunerado.Ya saben lo que hay y que si se enfada Puigdemont hará saltar al gobierno de Sánchez y todos Vdes. huirán despavoridos dejándo a Sánchez «solo ante el peligro».La confianza dentro del Partido entre Vdes. no existe pero viven pendientes de Sánchez y de sus ocurrencias.