Elena Candia. «Diante das circunstancias excepcionais que vive o concello de Lugo, o PP reivindica a política de valores»

A voceira do PP de Lugo, Elena Candia, manifestou que “no Partido Popular temos un proxecto para Lugo e moitas gañas e ilusión por gobernar este municipio e liderar un cambio” engadindo que “tamén somos persoas con  profundos valores e sentimos un absoluto respecto por unha situación tan triste como a vivida da que ninguén de nós quixera formar  parte”.

Cremos na política con maiúsculas, na política con valores e na política que sabe responder diante dunha situación tan excepcional e difícil. Elena Candia concluía cun ofrecemento ao novo alcalde “aquí ten a nosa man tendida para buscar entendementos en cuestións prioritarias para Lugo”.

Ante estas circunstancias e continuando coa actitude de profundo respecto a voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, destacou a abstención na votación do candidato á alcaldía.

«Aínda que estamos lexitimados para facelo, porque fomos a forza máis votada con 12 concelleiros dos 25 da corporación, hoxe descartamos  dar ese paso», afirmou Candia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios