O Colexio Plurilingüe A Milagrosa entregou hoxe no comedor social de San Froilán os 3.820 euros recadados na carreira solidaria ‘Tus pasos su alimento’, que contou co apoio da Xunta de Galicia. No acto participaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e varios alumnos e alumnas do centro educativo acompañados pola profesora María Santos.
Arias subliñou que a carreira, celebrada o pasado 23 de febreiro, “foi un éxito de organización e de participación”, e gabou o traballo do colexio “impulsando e implicando nesta iniciativa non só a boa parte da comunidade educativa senón a numerosos lucenses que quixeron sumarse a ela”.
O delegado destacou a colaboración do Goberno galego “cun evento que promove o deporte e a solidariedade, e pon en valor o labor dunha institución tan arraigada na cidade como este comedor social”.