Os concellos de Lugo e Arzúa promocionan a 50ª Edición da Festa do Queixo

Maite Ferreiro, concelleira de Turismo: «Convidamos a todas as veciñas e veciños a acudir á Feira do Queixo, que cumpre 50 anos cun intenso programa de actividades».

O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e o Alcalde de Arzúa, Xesús Carril, presentaron a 50ª edición da Festa do Queixo, un evento que se consolidou como unha das citas máis importantes da gastronomía e da cultura galega. A presentación que tivo como obxectivo convidar ás e aos lucenses a formar parte deste aniversario tan especial.

A Festa do Queixo, que se celebrará do 14 ao 16 de marzo en Arzúa, continúa crecendo e consolidándose como un evento aberto e para todas as idades. Neste ano, a organización quere destacar que se trata dunha 
celebración pensada para que poidan participar tanto os máis pequenos como os maiores, con actividades e propostas para todos os públicos.

Xesús Carril subliñou: “Neste aniversario tan importante, queremos que todo o mundo, de calquera idade e de calquera parte de Galiza, se sinta benvido a Arzúa. A Festa do Queixo é un evento para compartir, para vivir a tradición e para disfrutar da nosa cultura xuntos”.

A 50ª Festa do Queixo ofrecerá un programa variado, con gastronomía, música e actividades culturais para todos, destacando tamén a súa accesibilidade, coa entrada libre e sen aforo a todos os concertos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios