Teleasistencia activa o rescate dunha persoa maior no seu domicilio en Rianxo

Nesta madrugada, arredor das 3:45 a.m., a dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro xunto ambulancia do 061 realizaron unha apertura de vivenda por persoa maior indisposta no Concello de Rianxo. O parque provincial de Boiro recibiu aviso da asistenta social do concello por mor dunha persoa maior que fixo saltar a alarma do seu dispositivo de teleasistencia. Segundo alertou a asistenta, esta persoa se atopaba no chan da súa casa, sendo incapaz de levantarse, e a porta de acceso á vivenda encontrábase bloqueada coa chave por dentro.

Os bombeiros desplazáronse ao domicilio, no que xa se atopaba unha ambulancia, e accederon á vivenda a través do balcón do veciño do lado. Atoparon á persoa no chan da sala principal, consciente pero un pouco aturdida, e facilitaron a entrada ao persoal sanitario para que atenderan á vítima. Quedando a situación controlada, remaron o servizo.

Foto. Bombeiros de Boiro 

Comparte éste artículo
No hay comentarios