Convócase o XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, que reparte 20.000€ en premios

Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Nesta XI edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:

• 1º Premio – 10.000 €

• 2º Premio –   6.000 €

• 3º Premio –   4.000 €

• Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026.

Do 15 de marzo ao 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. 23 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

estrutura da presentación da idea debe contar con:

• Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)

• Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)

• Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ouservizo.

• Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)

• Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2025, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org. 

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 8 de novembro do 2.025, nesa xornada presentaranse os proxectos no Parador de Turismo de Monforte de Lemos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios