Traxedia laboral en Chantada: Un traballador morre e outro resulta ferido

Un operario perdeu a vida e outro resultou ferido este mediodía nun suceso ocorrido na estrada LU-617, á altura de San Fiz de Asma, no municipio lucense de Chantada.

O 112 recibiu o aviso ás 12:25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.

De inmediato, desde o 112 alertouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias del 061, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia comprobaron que, ademais da primeira persoa afectada, había un segundo operario ferido. Atopábase nunha zona de arboredo de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos Bombeiros de Chantada para poder chegar ata el.

A pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada se puido facer por salvar a vida dun dos traballadores.

Nestes momentos, os equipos de emerxencia continúan traballando na zona.

Comparte éste artículo
No hay comentarios