Puxo en valor a Deputada a calidade das obras nomeadas e deu os parabéns aos gañadores desta edición de 2025. Ademais, Pilar García Porto aproveitou a ocasión para felicitar ao presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, e a todo o equipo organizador dos Premios Mestre Mateo, destacando “o traballo realizado na organización dun evento que se consolidou como un referente para a industria audiovisual galega”.
García Porto sinalou que dende a Deputación “temos un firme compromiso co audiovisual, formando xeracións no sector a través da única Escola de Imaxe e Son da provincia, e colaborando con grandes producións galegas, porque cremos que é un sector clave para o desenvolvemento cultural e económico da provincia”.