A realidade do proxecto de Altri é que nestes momentos temos un informe medioambiental que garante a súa viabilidade dende o punto de vista do impacto no territorio.
E por iso é o momento de Altri e do Goberno central, dos seus compromisos. Altri ten que garantir que vai cumprir con todos os condicionantes que marca a Xunta de Galicia e ao mesmo tempo ten que garantir a viabilidade económica e financeira do proxecto e o seu impacto de valor engadido en Galicia.
E o Goberno de Sánchez ten que rectificar. O Ministerio de Industria sabe que ten o proxecto bloqueado e que ten a responsabilidade de defender o proxecto en Bruxelas sabendo que cumpre con todos os criterios medioambientais e industriais que marca a propia Comisión Europea.
E o Ministerio de Transición Ecolóxica sabe perfectamente que o proxecto precisa das infraestruturas para conectarse á rede e, polo tanto, tamén a súa viabilidade depende destes investimentos.
En definitiva, necesitamos unha rectificación do Goberno para garantir un proxecto que en Galicia e na provincia de Lugo pode xerar novas oportunidades para os nosos mozos.
É un proxecto que vai orientado á loita contra o cambio climático, a sostibilidade e tamén á transformación dixital. E por iso instamos ao ministro de Industria a que acuda ao Congreso dos Deputados e que se comprometa e garanta a viabilidade deste proxecto en igualdade de condicións que outros proxectos industriais que cumpren cos principios que está marcando a propia Unión Europea, dende o punto de vista medioambiental e dende o punto de vista industrial.