PP de Vilalba: “Vilalba merece un goberno que xestione, non que venda fume, fotos e vídeos»

O Partido Popular de Vilalba denuncia a lamentable xestión do goberno bipartito de PSOE e Vilalba Aberta, que segue gastando cartos públicos en obras mal executadas que duran menos dun ano. O último exemplo é a rúa da Pravia, onde as beirarrúas presentan desniveis e acumulación de auga a pesar de ser unha obra recente.

Este goberno non xestiona, limítase a vender fume e a enganar aos veciños con vídeos, pero os cartos públicos non poden seguir tirándose en obras que non duran ni un telediario»

Os veciños tamén se queixan do estado das pistas reparadas pola concellería de Urbanismo, Mobilidade, Infraestruturas Rurais e Desenvolvemento Industrial, da que é responsable Modesto Renda, que están cheas de desperfectos. “Estamos nun bucle no que se arranxa, estrágase e hai que volver a gastar cartos. Mentres tanto, desde o goberno municipal seguen sacando fotos e vendendo propaganda, pero os feitos falan por si sos: a súa xestión é un desastre”, denuncian os concelleiros populares.

O caso da ponte da Ribeira foi outro exemplo desta nefasta planificación, onde as deficiencias da obra foron visibles pouco despois do remate da súa “reconstrución integral”. Agora, a historia repítese en toda Vilalba. “Este goberno non xestiona, limítase a vender fume e a enganar aos veciños con vídeos, pero os cartos públicos non poden seguir tirándose en obras que non duran nin un telediario”, insisten os populares.

Desde o PP de Vilalba esixen que o goberno local actúe con responsabilidade e asegure que as obras públicas se fagan con garantías de calidade. “Vilalba merece un goberno serio, que traballe polo veciños e non un que viva da foto e da propaganda”, conclúen.

Comparte éste artículo
No hay comentarios