O vindeiro domingo, día 22 de marzo, as 12horas, A Pobra do Caramiñal será escenario dunha importante manifestación que unirá forzas por mar e terra en defensa do medio ambiente. O obxectivo principal é mostrar o rexeitamento á instalación da planta de celulosa Altri en Palas de Rei e a mina de Touro-O Pino.
![]()
Os organizadores convidan a todos os cidadáns preocupados polo medio ambiente a unirse a esta mobilización e a alzar a súa voz en defensa de Galicia.