A voceira do Grupo Municipal do PP de Lugo Elena Candia mantivo unha reunión de traballo coa deputada nacional por Lugo, Cristina Abades, para facer seguimento á proposta do Colexio de Enxeñeiros de poñer a ponte de As Saamasas o nome de Tomás Notario Vacas en recoñecemento ao seu legado.
Este asunto xa foi tratado no pleno do Concello, e no seu momento xa advertimos que o goberno local non se quixo implicar máis alá de facer un trámite burocrático. Por iso, decidimos asumir un papel activo e trasladar a petición ao Ministerio de Transportes a través dos nosos representantes en Madrid, co obxectivo de que esta solicitude se faga efectiva.
Non nos conformamos con que este recoñecemento a Tomás Notario quede nun simple procedemento administrativo; queremos que se recoñeza a súa figura como merece e que a ponte de As Saamasas leve oficialmente o seu nome.Seguiremos traballando para que esta iniciativa se faga realidad