Denuncian graves filtracións na zona nova do Hospital da Mariña por mor da choiva

A precariedade das infraestruturas sanitarias volve quedar en evidencia. Unhas lixeiras choivas bastaron hoxe para provocar importantes filtracións de auga na ampliación do Hospital da Mariña, obrigando ao persoal a colocar cubos polos corredores.

Dende CIG Saúde A Mariña e colectivos veciñais critican que «a sanidade de Rueda fai augas» e esixen responsabilidades por un tellado que, na práctica, parecía descuberto nunha zona recentemente estreada.

Comparte éste artículo
No hay comentarios