Clausura da 7ª edición da Universidade Sénior da UDC na Costa da Morte

O vindeiro mércores, 19 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar nas instalacións da Universidade Sénior en Normal, o acto de clausura da 7ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña para as persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, no que participaron máis de 60 persoas

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, puxo en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR «Costa da Morte» e mailo Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores da comarca, que se desenvolveu da Centro Sociocultural de Baio, durante os meses de febreiro e marzo.

Un total de 64 persoas maiores de 50 anos, procedentes de 8 concellos, inscribíronse para participar neste programa, que finalizará o mércores 19 de marzo, cunha completa xornada de visitas culturais e actos académicos que abrangue as visitas ao Museos Histórico e Arqueolóxico do Castelo de San Antón, o Museo Histórico Militar, o Aquarium Finisterrae, e unha clase maxistral sobre actividade física nas instalacións da Universidade Sénior na Coruña, no edificio Normal (Paseo de Ronda, 47)

Ás 19:00 horas, terá lugar o habitual acto de entrega de diplomas, coa presencia do Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle López; a directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e mailo presidente do GDR «Costa da Morte» e alcalde de Zas, Manuel Muiño.

Con esta iniciativa, a Universidade Sénior continúa achegándose un ano máis á poboación maior da Costa da Morte, respondendo ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a súa primeira edición en 2018.

Comparte éste artículo
No hay comentarios