PP presenta un Espazo Infantil para que os protagonistas do Lugo do futuro imaxinen a cidade que queren

O Partido Popular pon en marcha o Espazo Infantil, unha actividade lúdica e participativa na que os nenos e nenas de Lugo poderán expresar as súas inquedanzas sobre a cidade. “Queremos darlles voz aos máis pequenos, recoñecendo que tamén forman parte activa da cidade e teñen dereito a ser escoitados”, Sinala o Presidente local do PP, Ramón Carballo e a voceira do Grupo Municipal,  Elena Candia.

Como parte desta iniciativa, os participantes recibirán unha cartolina ilustrada cunha caricatura de Elena Candia preguntándolles: «Que botas de menos en Lugo?». O Partido Popular recollerá as súas respostas para coñecer de primeira man as súas  expectativas sobre a cidade.

«Elaboramos esta actividade da man dun ilustrador lucense, Joaquín París, porque cremos en Lugo e no seu potencial. O noso compromiso con esta cidade inclúe apostar polos nosos artistas, así como polos nenos e nenas que mañá serán os seus protagonistas”, destacou Candia. Ademais, na parte traseira da cartolina atoparán unha divertida actividade de pintura con bonecos caracterizados de romanos e castrexos, en homenaxe á historia de Lugo.

Os nenos e nenas que se acheguen a este espazo infantil poderán desfrutar de xogos tradicionais, un obradoiro de maquillaxe facial e inchables así como nun sorteo agasallos adquiridos en comercios do barrio onde se celebre a actividade.

O Partido Popular tamén quere facilitar que esta actividade chegue ao maior número de familias posible, polo que ofrece ás ANPAS a posibilidade de colaborar na súa difusión. “Sabemos que as ANPAS son un motor fundamental na educación e na dinamización das actividades das nosas escolas. Por iso, queremos poñernos á súa disposición para que este Espazo Infantil chegue a todas as familias que queiran participar”, explicou Candia.

O Espazo Infantil iniciarase na Praza de Alacante e percorrerá distintos puntos da cidade, xerando un espazo de interacción e participación para as familias.

Desde o Partido Popular reafirman así o seu compromiso cun Lugo pensado para todos, no que o talento local e as novas xeracións teñan un papel protagonista.

Previsión Acto comercio de proximidade Distrito 5

Mañá terá lugar unha xuntanza para explicar  as medidas de apoio ao comercio de proximidade que terá lugar no local da Asociación de Veciños San Antonio de Pádua. Será ás 8 y media da mañá.

Comparte éste artículo
No hay comentarios